A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participará na “ABAV”, a principal feira turística de América que se celebra en Río de Xaneiro
Terá lugar entre os días 19 e 21 de outubro e o Xacobeo tamén impartirá un seminario sobre os Camiños de Santiago.
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participará na Feira das Américas-ABAV, a maior feira do sector turístico que se celebra no continente americano e que está organizada pola Asociación Brasileira de Axencias de Viaxe. A feira terá lugar en Río de Xaneiro entre os días 19 e 21 de outubro, no Riocentro Exhibition & Convention Center en horario de 11 a 18 h.
O Xacobeo participa coa comunidade de Castela-León dentro do Consello Xacobeo, a organización que representa ás comunidades autónomas polas que transcorren os camiños de Santiago. O punto de información do Xacobeo intégrase no stand xeral de Turespaña.
Dentro dos actos de promoción, o Xacobeo impartirá un seminario sobre as peregrinacións a Santiago para axentes de viaxe e interesados o día 20.
+Info: www.feiradasamericas.com.br
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata