O Xacobeo expón en Bruxelas a serie de Antón García Patiño sobre os milagres do Apóstolo
O próximo martes día 4 de outubro terá lugar na Casa de Asturias de Bruxelas a inauguración da exposición En marcha, que reúne un total de 20 obras da serie realizada polo pintor Antón García Patiño sobre os milagres do Apóstolo Santiago, recollidos no Libro II do Códice Calixtino.
Coa cesión destas obras, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colabora co Goberno do Principado de Asturias e a Casa de Asturias en Bruxelas na conmemoración do XXV aniversario da Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago. A exposición poderá visitarse ata o 31 de outubro.
Os 22 milagres do Apóstolo Santiago o Maior sucedidos nos camiños de peregrinación e recollidos no Libro II do Códice Calixtino serviron na Idade Media para difundir e aumentar a fama internacional do culto xacobeo, constituíndo unha importante manifestación da relixiosidade popular e do éxito do Camiño de Santiago. A memoria e recoñecemento destes milagres potenciaban a atracción ao santuario apostólico de Occidente, de modo que o papel de Santiago como campión dos seus fieis reforzaba a popularidade das peregrinacións.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata