15/set/2011

Xa á venda as entradas para os 5 novos concertos de Galicia Importa

O ciclo achegará a nosa comunidade os concertos de Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette.

O ciclo musical Galicia Importa vén de poñer á venda as entradas para os concertos das cinco novas incorporacións ao seu cartel. Durante os meses de outubro e novembro terán lugar no marco deste ciclo os concertos dos artistas internacionais Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette en escenarios de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Calendario de actuacións:

13 de outubro: PATRICK WOLF (Sala Mondo, Vigo)
22 de outubro: BONNY “PRINCE” BILLY (Auditorio ExpoCoruña, A Coruña)
27 de outubro: ADAM COHEN (Salón Teatro – Santiago de Compostela)
6 de novembro: ALOE BLACC (Sala Capitol, Santiago de Compostela)
8 de novembro: BETTYE LAVETTE (Teatro Rosalía de Castro -   A Coruña)

Venda de entradas:

  • novacaixagalicia
  • Discos Elepé en Vigo
  • Discos Gong en Santiago
  • Discos Portobello en A Coruña

+Info: www.galiciaimporta.com