7/set/2011

O ciclo Galicia Importa retoma a súa programación logo do verán con 5 grandes fichaxes

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia cinco novas incorporacións ao ciclo Galicia Importa 2011, que, segundo destacou, nos tres últimos meses do Ano da Música de Galicia "seguirá traendo aos escenarios galegos aos artistas máis vangardistas". Deste xeito, durante os meses de outubro e novembro terán lugar no marco deste ciclo os concertos dos artistas internacionais Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette en escenarios de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Enmarcado na celebración en 2011 do Ano da Música, e patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Galicia Importa ofrece unha programación regular con grupos ou artistas que nunca visitaron Galicia ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merezan ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.

Calendario de actuacións:

13 de outubro: PATRICK WOLF (Sala Mondo, Vigo)
22 de outubro: BONNY “PRINCE” BILLY (Auditorio ExpoCoruña, A Coruña)
27 de outubro: ADAM COHEN (Salón Teatro – Santiago de Compostela)
6 de novembro: ALOE BLACC (Sala Capitol, Santiago de Compostela)
8 de novembro: BETTYE LAVETTE (Teatro Rosalía de Castro -   A Coruña)

Venda de entradas:

  • www.servinova.com | Tel.: 902 43 44 43
  • Discos Elepé en Vigo
  • Discos Gong en Santiago
  • Discos Portobello en A Coruña

+Info: www.galiciaimporta.com