21/abr/2010

O Camiño celestial desde Roma

Unha nova Ruta Xacobea, un novo Camiño celestial, unirá a dous dos grandes destinos da peregrinación católica: Roma e Santiago de Compostela. Obra Romana de Peregrinacións (ORP) –a axencia de viaxes do Vaticano–, e a rede Camiños de Europa promoven a liña de voos directos entre ambas as dúas cidades, operados pola compañía Mistral Air.

Aínda que o administrador delegado de ORP, o pai Cesare Atuire, xa viaxou a Santiago nun primeiro voo operado pola compañía, o programa comercial de viaxes iniciarase no Ano Santo co obxectivo de levar a un bo número de peregrinos ata Compostela e de promover o Ano Xacobeo.

A data escollida para comezar estes voos será, como non podía ser doutra forma, na Semana Santa, e nun principio manteranse ata outono do vindeiro ano. Con este plan, os aeroportos de Fiumicino e Lavacolla serán un fervedoiro de peregrinos.

ORP e Mistral Air xa realizan voos a Xerusalén, Lourdes, Fátima e Turquía por motivos relixiosos. Agora, co gallo do Xacobeo 2010, conectarán a dous dos principais focos da cristiandade, sumándose así Santiago ás rutas relixiosas en chárter.

Por certo, o pai Cesare Atuire, responsable deste proxecto de altos voos, ten contas abertas nas redes sociais LinkedIn e Facebook. Seica pode interesarche acceder a el por estas canles e saber un pouco máis das novas liñas celestiais e outros asuntos sobre as peregrinacións. O tes ao alcance dun click.