12/dec/2014

A Xunta de Galicia organiza un acto en memoria de Elías Valiña, con motivo do 25º Aniversario do seu pasamento

Elías Valiña Sampedro (1929-1989) foi un dos máis importantes conservadores e promotores do Camiño de Santiago. A relación de Elías Valiña coa ruta xacobea é extensa e admirable. Nos anos 1961 e 1962 elaborou a tese sobre "O Camiño de Santiago. Estudo histórico - xurídico".

En 1984 emprendeu a sinalización do Camiño de Santiago, con frechas amarelas, dende Francia ata Compostela. No traxecto galego realizou varios traballos de limpeza, recuperación de tramos perdidos, enumeración quilométrica, etc. Hoxe considéranse o seu traballo de sinalización como a delimitación máis segura dos tramos orixinais da ruta xacobea.

Por todo isto pode dicirse, sen dúbida, que Elías Valiña foi un dos máis importantes conservadores e promotores do Camiño de Santiago como ruta de peregrinación y turismo. De aí que fose nomeado por unanimidade comisario do Camiño de Santiago durante o I Encontro Xacobeo celebrado en Compostela en 1985. Inicia entón a publicación do Boletín do Camiño de Santiago, coa finalidade de promover a creación de asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que velarán pola conservación das súas respectivas parcelas ao longo da ruta.