A Xunta nomea Embaixador de Honra do Camiño de Santiago ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy
A Xunta de Galicia anunciou a aprobación do decreto polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
O Plan integral de Turismo de Galicia recolle estes nomeamentos co obxectivo de posicionar o Camiño de Santiago como referente a nivel internacional. Este recoñecemento outórgase a persoas que, pola súa labor, polo seu compromiso, polo seu coñecemento e pola súa divulgación, considéranse que son claves para exportar a cultura e os valores do Camiño de Santiago.
Ata agora xa se tiñan distinguido con este título ao entón Príncipe de Asturias, antes de ser nomeado Rei Felipe VI, e ao adestrador da selección española de fútbol, Vicente del Bosque. Agora súmase a eles Mariano Rajoy, “polo seu apoio constante aos camiños de Santiago e, sobre todo, por anunciar e comprometer un investimento por parte do Goberno central para a rehabilitación integral da Catedral de Europa: a Catedral de Santiago.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado