O Xacobeo recibe a medalla ao merito de valença en recoñecemento a súa labor na proxección do Camiño Portugués
A Cámara Municipal de Valença entregou a Medalla ao Mérito do Municipio á S. A. de Xestión do Plan Xacobeo nun acto solemne celebrado en dita localidade fronteiriza con motivo da celebración da súa festa local dedicada á memoria de San Teotonio, o primeiro santo portugués.
A distinción foi acordada na reunión da Cámara do pasado día 28 de novembro recoñecendo a labor do Xacobeo que segundo afirmou "ten permitido proxectar o trazado valenciano do Camiño Portugués de Santiago".
A medalla entregada polo Presidente da Cámara, Jorge Salgueiro Mendes, foi recollida polo director xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.
A Sociedade Anónima do Xacobeo mantén o vínculo coa Cámara de Valença na investigación, promoción e dinamización das rutas xacobeas como un dos grandes referentes da localidade.
Outras novas
-
Tue Nov 10 20:00:00 CET 2026
Rueda anima aos brasileiros a vivir a experiencia do Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo 2027
-
Thu Nov 05 09:00:00 CET 2026
A Xunta reúne en Tui a expertos internacionais para analizar o pasado, presente e futuro do Camiño Portugués