O libro “As floriñas de San Francisco”, editado por Turismo de Galicia, mellor tradución do 2014
O pasado día 13 de marzo no decurso dun acto celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra tivo lugar a gala de entrega, pola Asociación Galega de Editores, dos mellores libros editados no pasado ano 2014.
Na modalidade de tradución o galardón, denominado Lois Tobio, de mellor tradución do ano 2014 foi concedida a Darío Xohán Cabada pola tradución ao galego de “As floriñas de San Francisco”, obra editada por Turismo de Galicia e Alvarellos Editora co gallo do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
A tradución ao galego deste obra clásica da cultura medieval foi realizada directamente do italiano medieval polo escritor galego Darío Xohan Cabana, que enriquece así o acervo da cultura galega escrita incorporando estra obra ata agora nunca traducida.
Ademais esta obra estaba proposta tamén na categoría de mellor libro ilustrado en recoñecemento ás ilustracións realizadas polo artista Darío Álvarez Basso, que absolutamente contemporáneas resultan un complemento perfecto para esta obra medieval.
Esta obra forma parte do amplo programa de actividades desenvolto por Turismo de Galicia para conmemorar o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco a Santiago, que atopa nesta obra, “As floriñas de San Francisco”, a súa principal fonte documental.