7/out/2015

Felipe VI, primeiro embaixador de honra do Camiño de Santiago

El-Rei Felipe VI ten recibiu de mans do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, as credenciais que o ratifican como primeiro embaixador de honra vitalicia do Camiño de Santiago, unha "vía universal" cuxos "máis xenuínos valores", entre os que destacou a súa capacidade de "unir" e de "sumar", seguirá "impulsando" a Coroa.

Nun acto institucional no compostelán Pazo de Raxoi, Felipe VI manifestou que o Camiño de Santiago é "o Camiño de Galicia, de España e de Europa". "Contade sempre coa Coroa para seguir impulsando os seus máis xenuínos valores", prometeu, agradecido pola distinción.

O plan integral de turismo de Galicia liga a figura de embaixador de honra do Camiño co reto de posicionalo como referente a nivel internacional. O título de embaixador de honra resérvase para as persoas que foron "claves para exportar a cultura e valores" da Ruta Xacobea, polo seu "compromiso, coñecemento e divulgación".

Ademais de Felipe VI, foille concedida posteriormente a distinción a Vicente del Bosque e ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, aínda que ambos os dous teñen pendente recoller as súas credenciais.