Inaugurado en Santiago o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos
O arcebispo de Santiago e o presidente da Xunta de Galicia inauguraron o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, que ocupará parte do edificio do antigo asilo da rúa Carretas.
O edificio, que foi rehabilitado pola Fundación Catedral grazas a un convenio con Turismo de Galicia, comezará a funcionar a partir do mes de xaneiro.
Esta obra, que leva consigo a recuperación do edificio do antigo Asilo da rúa de Carretas de Santiago de Compostela, contará coas seguintes instalacións: espazo de atención aos peregrinos en diversas linguas, Biblioteca de Estudos Xacobeos, zona e oficina de información turística sobre o Camiño de Santiago e Galicia, zona para as asociacións de amigos do Camiño, área de administración e información, centro interconfesional, salón de actos e capela. Así como cunha zona de servizos para os peregrinos e coa propia Oficina do Peregrino do Cabido da Catedral de Santiago.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas