TORRES DE OESTE
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Oeste (Santa Baia)
Lugar: O Progreso
36612 Catoira - Pontevedra
Coordenadas: 42º 40' 34.9" N - 8º 43' 33.9" W
Descrición
Baixo un moderno viaduto, que atravesa o río Ulla, atópanse as ruinas da antiga fortaleza: "Castellum Honesti". Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Gelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e serviron para defenderse dos ataques ingleses. Posteriormente caeron no abandono ata quedar no estado actual no que se atopan. Estas torres foron declaradas Monumento Nacional e exhiben a súa grandeza cando se celebra a Romaxe Viquinga que recorda a pillaxe dos guerreiros normandos sobre as vilas costeiras da ría de Arousa.
Declaración
Ben de Interese Cultural
Acceso
Na mesma vila de Catoira.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla