SANTUARIO DE SANTA MARÍA A REAL DO CEBREIRO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: O Cebreiro (Santa María)

Lugar: O Cebreiro

27671  Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas: 42º 42' 29.0" N - 7º 02' 35.9" W


Descrición

O Santuario de Santa María A Real, construído no século IX, foi restaurado en 1962 e conta cun atrio no que hai bidueiros, pradairos e capudres.
Nos arredores houbo un mosteiro do que hoxe só queda a igrexa, que dispoñía dun mesón-hospital para atender ós peregrinos, en funcionamento ata 1858. Conta a lenda que nos días de néboa os monxes facían sonar a campá para orientar ós camiñantes perdidos.
O templo de Santa María A Real, fundado polo conde de Aurillac, é o monumento máis antigo da ruta xacobea integramente conservado, aínda que cabe sinalar que a actual fachada non é a orixinal. A igrexa, con muros moi grosos, consta de tres naves de dezaoito metros de lonxitude, separadas por dous anchos piares a cada lado, rematados nunha triple cabeceira. As ábsidas son rectangulares e non teñen vans, algo que se explica polas difíciles condicións climáticas da zona. No interior alberga dúas capelas. Destacan unha gran pila bautismal, do s. XVIII, na que o sacramento se impoñía por inmersión, unha figura da Virxe de O Cebreiro, do século XII, dous enterramentos antropomorfos e un relicario que foi regalado polos Reis Católicos cando viaxaron a Galicia en 1486. A peza garda un graal e unha patena.
Esta igrexa é un dos monumentos máis antigos do Camiño de Santiago e a ela está ligada a "lenda do Santo Graal ou do Santo Milagre ", datada arredor do ano 1300. A historia conta que ó cura de O Cebreiro, home de pouca fe, lle resultaba incrible que no acto eucarístico, o pan e o viño se transformarán en carne e sangue de Cristo. Un día pronunciou a súas dúbidas en voz alta en presencia do único devoto que fora á igrexa, dada a forte nevarada que estaba caendo, cando a hostia púxose de cor vermello e se transformou nun anaco de carne e o viño en sangre, e a Virxe inclinouse ante o milagre. Din que o oficiante, ó velo, caeu e morreu. Como reliquias deste milagre medieval, que chegou ata o vello continente e Wagner inspirouse nel para compoñer a súa ópera Parsifal, pódense contemplar unhas pequenas ampolas de vidro, ademais do cáliz de prata e unha patena, que datan da segunda metade do século XII, citados anteriormente.

Horarios

Horarios de misas:
De luns a domingo ás 19:00 horas.
Festivos, ás 12:00 horas.

SACRAMENTO DA RECONCILIACIÓN: 
A Igrexa permanece aberta de 9:00 a 21:00 horas e é atendida por unha comunidade de PP Franciscanos.  

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Triacastela. A catro km e medio xírase á esquerda cara a O Cebreiro.

Camiños de Santiago

Camiño Francés



SANTUARIO DE SANTA MARÍA A REAL DO CEBREIRO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos