IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE MONTEFURADO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Montefurado (San Miguel)

Lugar: San Miguel de Montefurado

27390  Quiroga - Lugo

Coordenadas: 42º 23' 44.9" N - 7º 11' 49.9" W


Descrición

Igrexa que sobresae polas súas grandes proporcións e elegancia arquitectónica, de estilo barroco. Consta dunha nave con planta de cruz latina, a nave esta formada por tres tramos separados por pilastras con arcos de medio punto e bóvedas de canón; o cruceiro cóbrese cunha cúpula de media laranxa que termina nunha fermosa lanterna de costura barroca. Esta igrexa presenta unha peculiar oxidación na súa construción producida polas impurezas metálicas presentes na “pedra cabeleira” que é a rocha que conforma a súa construción, foi construída a partir de 1759. No seu interior podemos encontrarnos numerosos retablos o que nos fai saber que foi unha importante zona de culto da época xa que se atopa dentro do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela, a igrexa pertenceu a Dioceses de Astorga; o retablo maior é rococó e esta presidido pola figura de San Miguel acompañado por San Xosé e San Diego de Alcalá.

Estilos

Estilo arquitectónico: Barroco

Acceso

Dende Quiroga collemos a N-120 en dirección A Rúa, temos que pasar os pobos de Os Vales, Bendillo e Peites ata chegar o cruce que nos leva a vila de Montefurado no alto da vila poderase encontrar a espectacular igrexa neoclásica.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno



IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE MONTEFURADO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos