CONCATEDRAL DE SAN XIAO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Ferrol
Rúa dos Irmandiños
15401 Ferrol - A Coruña
Coordenadas: 43º 28' 56.0" N - 8º 14' 06.0" W
Descrición
A Igrexa de San Xiao está dedicada ao patrón da cidade posúe a categoría de concatedral da diocese de Mondoñedo-Ferrol, título que ostenta dende 1959, foi construída a finais do século XVIII segundo proxecto do enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort en 1766; está construída cun estrito estilo neoclásico, con planta de aspecto cruciforme e organizada en torno a unha cúpula que se sustenta por catro grosos piares xónicos á que se abren senllas capelas cubertas de bóveda de canón e bóvedas caídas a exterior.
O conxunto áchase flanqueado por dúas esveltas torres con catro vans baixo arcos de medio punto. O exterior das cúpulas que rematan as torres están realizadas en cadeirado granítico.
O conxunto áchase flanqueado por dúas esveltas torres con catro vans baixo arcos de medio punto. O exterior das cúpulas que rematan as torres están realizadas en cadeirado granítico.
Acceso
Na mesma cidade de Ferrol.
Camiños de Santiago
Camiño Inglés