IGREXA CASTRENSE DE SAN FRANCISCO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa Juan Sebastián Elcano s/n

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas: 43º 28' 50.0" N - 8º 14' 25.9" W

Teléfono: +34 981 358 038


Descrición

Igrexa neoclásica construída en 1757, ocupando o lugar do antigo convento de San Francisco levantado por Fernán Pérez de Andrade (século XIV). Planta rectangular sobre a cal se inscribe unha planta de cruz latina, da que sobresae o espazo destinado á capela maior e a sancristía. Tres naves separadas por grosas pilastras toscanas. Unha tribuna percorre o templo sobre as naves laterais ata chegar ao cruceiro, o cal se abre á nave principal mediante arcos carpaneles. Conserva un magnífico retablo obra do escultor neoclásico José Ferreiro e valiosos talles en madeira. No seu exterior unha sobria fachada dividida por pilastras toscanas pareadas que descansan sobre altas bases formando tres rúas. Porta principal alintelada cun frontón semicircular. Magníficas vistas de todo o interior do Arsenal de Ferrol. Como igrexa castrense, depende do Arcebispado Castrense con sede en Madrid.

Horarios

Horario misas

Inverno: 

De luns a sábado ás 19:00 h

Domingos ás 11:00, 12:00 e 19:00 h.

Verán: 

De luns a sábado ás 20:00 h. 

Domingos e festivos ás 12:00 e 20:00 h. 


Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés



IGREXA CASTRENSE DE SAN FRANCISCO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos