IGREXA DE SANTA MARÍA DE CALDAS DE REIS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Caldas de Reis (San Tomé e Santa María)
Lugar: Caldas de Reis
Rúa Ferrería
36650 Caldas de Reis - Pontevedra
Coordenadas: 42º 36' 00.9" N - 8º 38' 34.9" W
Descrición
Igrexa construída sobre unha edificación primitiva destruída por Almanzor, arredor do ano mil, segundo consta nas crónicas árabes. A reconstrución románica, que agora vemos, realizouse por etapas. A parte máis antiga, de estilo románico, constitúea unha ábsida rectangular con capiteis ben traballados. Algo posterior, de finais do S. XII, é unha bela portada principal oculta polos piares dunha moderna torre, cun año esculpido no tímpano. A capela de San Diego foi engadida no s. XVII e a do Carmen no s. XVIII. No muro norte do interior do templo, colocouse o coroamento duns baldaquinos oxivais do s. XV, que estaban no adro da igrexa. Pertencen aos anos finais do s. XV e quizais representen as naves de Colón e o escudo dos Reis Católicos.
Acceso
Núcleo capital municipal
Camiños de Santiago
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa