IGREXA DE SAN SALVADOR DE CORUXO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: A Igrexa
Estrada Camposancos 284
36331 Vigo - Pontevedra
Coordenadas: 42º 11' 18.9" N - 8º 46' 35.9" W
Descrición
Construída no século XII, pertenceu dende as súas orixes ata o século XIV a unha comunidade de monxes benedictinos dependentes de Celanova. A partir desa data paso a deter rango de igrexa parroquial. Das primitivas trazas románicas tan só consérvanse as tres ábsidas semicirculares completas con ventás do mesmo estilo. A resaltar tamén os detalles figurativos contidos nos capiteis das xambas, os canecillos así como a pureza de liñas arquitectónicas.
Acceso
Pola C- 550 dende Vigo cara a Baiona e Nigrán, aos 5 Km de saír de Vigo, atopamos na marxe dereita da estrada a igrexa de San Salvador de Coruxo.
Camiños de Santiago
Camiño Portugués da costa