CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Catedral

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Praza de San Fernando, s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas: 42º 02' 46.5" N - 8º 38' 39.4" W


Descrición

O comezo da construción data de fins do século XI (privilexios da infanta Urraca en 1071 e dos condes de Galicia, Raimundo e Urraca, en 1095). A planta románica e os capiteis van influír en toda a rexión do bispado de Tui medieval, entre o río Lima e a ría de Vigo. O claustro gótico, da segunda metade do século XIII, é o maior claustro medieval conservado en Galicia. Dentro do claustro consérvase a única sala capitular románica existente en Galicia e unha das maiores no seu xénero en España. Parte da súa ourivería sería realizada por prateiros xudeus e conversos nos séculos XV e XVI (cáliz gótico, copón de coco, cetros das dignidades, acetre, etc.).

A colección de mobiliario litúrxico barroco é do máis interesante a nivel español: cadeirado do coro (1699), portas historiadas (1707), caixóns da sancristía (1712), cadeirado da sala capitular (1712), órganos de San Telmo e Santiago (1714) e monumento eucarístico de xoves santo (1775).


Horarios

Horario de misas

Inverno:

De luns a Sábado ás 18:30 h e ás 19:30 h

Festivos ás 9:00 h, ás 11:00 h e á 13:00 h.

Verán:

Laboráis ás 19:00 h

Vísperas ás 19:30 h e ás 20:30 h

Festivos ás 9:00 h e ás 12:00 h.


Declaración

Ben de Interese Cultural


Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués



CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos