IGREXA PARROQUIAL DE SAN NICOLAO
Localización
Parroquia: Portomarín (San Nicolao)
Lugar: Portomarín
Praza do Camiño
27178 Portomarín - Lugo
Coordenadas: 42º 48' 27.9" N - 7º 36' 56.0" W
Descrición
Igrexa - fortaleza construída no século XII.
Ten a nave rectangular cuberta e bóveda de canón. A fachada é rectangular con torres e ameas. Ten un rosetón sobre a porta arqueada; que está flanqueada por tres pares de columnas acodilladas con decoración vexetal. O tímpano está sobre mochetas figuradas, un Pantocrator e 24 anciáns da Apocalipse, dispostos en forma radial. Esta porta está vinculada á obra do Mestre Mateo.
Entre os anos 1962 e 1963 foi trasladada pedra a pedra a súa actual localización debido a construción do encoro de Belesar.
O 3 de xuño de 1931 foi declarada Monumento Histórico - Artístico.