IGREXA DE SAN FRUCTUOSO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Rúa: Trinidade

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas: 42º 52' 50.9" N - 8º 32' 47.9" W


Descrición

Edificio proxectado por Lucas Ferro Caaveiro e realizado entre os anos 1754-1765. Tamén chamada das Angustias de Abaixo. Posúe unha planta non moi común que tende a ser central, presidida por unha grande cúpula de media laranxa que organiza o espazo interior. Aquí destaca o retablo maior, que xunto aos colaterais, se realizan e engaden despois de rematado o edificio. Pero o mais destacable é a fachada principal, repleta de simbolismos. É un grande pano que se desenvolve na vertical. Sobre a porta principal colócase unha fornela coa figura da Piedade; máis arriba debúxase o escudo de España, culminando, en último lugar, con catro esculturas que aluden ás Virtudes: a Prudencia, a Xustiza, a Fortaleza e a Temperanza, que encadran o campanario central.

Horarios

Horario misas

Verán:

En lingua galega

Venres ás 20:00 h 

Festivos ás 10:00 h

Inverno: 

En lingua galega 

Venres ás 19:00 h

Festivos ás 10:00 h


Acceso

Na mesma cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata



IGREXA DE SAN FRUCTUOSO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos