VILA DE MUXÍA
No Camiño de Santiago
Localización
Muxía - A Coruña
Coordenadas: 43º 06' 14.9" N - 9º 13' 01.1" W
Descrición
Polos seus moitos puntos de interese, Muxía é parada obrigatoria no percorrido pola Costa da Morte. O seu núcleo de poboación, rodeado de praias de grande beleza, aséntase sobre unha península que protexe a entrada da ría de Camariñas. Na súa atmosfera respírase a vida do mar, fonte básica de ingresos para a maioría dos seus habitantes.
A súa principal marca de identidade é o Santuario da Virxe da Barca, escenario dunha das romarías máis importantes e vistosas de Galicia. Durante os catro días seguintes ao segundo domingo de setembro, milleiros de persoas participan nunha celebración recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional. É especialmente popular a procesión marítima na honra da Virxe. Os peregrinos de Compostela chegaban a este extremo occidental europeo, preto do mítico Fisterra, para pór punto final á súa ruta polo Camiño de Santiago. O santuario componse de reitoral e igrexa. Esta última foi construída en 1719, aínda que hai fontes que sinalan este emprazamento como lugar de culto desde o século XV ou mesmo antes. As dúas torres da fachada levantáronse en 1958.
Nos ritos da romaría adivíñanse profundas raíces panteístas. A tradición cristiá sinala que a Virxe, navegando nunha barca de pedra, aparecéuselle a Santiago para consolalo e animalo na súa difícil misión apostólica por estas terras da Fin do Mundo. Como testemuño daquela visita, nas proximidades do santuario quedaron tres grandes pedras, que non son outra cousa que a mesma barca, a súa vela e o seu leme. A primeira delas é coñecida como a Pedra dos Cadrís. O que pase nove veces baixo ela librarase das dores de lombo. A segunda, unha lousa de grandes dimensións que os fieis fan abalar co seu peso, recibe o nome da Pedra de Abalar.
Para comprender o significado desta tradición hai que ter en conta que o mito da barca de pedra é frecuente nas rexións atlánticas europeas. En Irlanda, Cornualles, Gales, Escocia ou na Bretaña, os santos viaxan en barcas de pedra.
Outro dos importantes monumentos que alberga Muxía é a igrexa parroquial de Santa María. Construíse entre os séculos XIII e XIV. Contén elementos románicos e góticos. A súa única nave é de planta basilical.
Desde o camiño que leva ao santuario, podemos ver uns curiosos secadoiros de congro. Están situados preto do dique de abrigo. Noutras épocas, a Costa da Morte contaba con numerosas instalacións deste tipo, mais hoxe en día son só estas as únicas que permanecen en activo. Abastecen principalmente os mercados de Cataluña e Aragón. O congro colócase sobre unhas estruturas de madeira denominadas "cabrias", para que sequen pola acción do vento e o sol.

Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía