ANTIGO HOSPITAL DE SAN ROQUE

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Edificio singular

Localización

Rúa: San Roque, 2

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas: 42º 52' 59.9" N - 8º 32' 30.9" W


Descrición

O hospital foi fundado en 1578 polo arcebispo Francisco Blanco para acoller aos afectados polas terribles pestes que asolaron a cidade no s. XVI. O deseño do edificio foi encargado a Gaspar de Arce, Mestre de Obras da Catedral de Santiago. Terminado en 1583, da súa antiga traza só conserva a portada, xa que foi reedificado na segunda metade do s. XVIII. Destaca pola súa gran sobriedade e a súas liñas sinxelas. A fachada segue a estrutura dun arco de triunfo: sobre as pilastras toscanas levántase un arco de medio punto apoiado en impostas; a continuación, o entaboamento sobre o que se iza un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun frontón triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras de S. Cosme e S. Damián, os irmáns xemelgos que practicaban a medicina gratuitamente. Do interior cabe resaltar o fermoso e grácil claustro, con catro arcos en cada lado que descansan sobre columnas dóricas.
Na actualidade acolle o Instituto Padre Sarmiento (C.S.I.C.), a Secretaria Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñeiro

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.
Accesibilidade: andando, coche, autobús.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata



ANTIGO HOSPITAL DE SAN ROQUE

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos