ERMIDA DE NOSA SEÑORA DAS NEVES DE BUXANTES
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Figueiroa
15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 58' 46.9" N - 9º 07' 36.9" W
Descrición
Construída a finais do s.XV, sofre unha reconstrución en 1780. Santuario de estilo románico - neoclásico. Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido en cantería e a nave con tellado a dúas augas. Conta cun pequeno rosetón situado sobre a porta principal de entrada, moi usado na arquitectura románica e gótica polo que cabe pensar que se trata dunha peza da capela primitiva. No muro norte exterior obsérvase unha porta traveseira e un altar que facía de capela ao aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías. A fachada principal segue un esquema pentagonal: unha porta de luz rectangular, un van de reducidas dimensións tamén rectangular e unha espadana con dous arcos de medio punto peraltados que acollen ás campás.
Está situada no itinerario do Camiño cara Fisterra.
Está situada no itinerario do Camiño cara Fisterra.
Acceso
Dende a capital municipal, dirixirse cara o SE pola estrada DP-3404 dirección Serra de Outes, logo xirar á dereita collendo a DP-2302 entrando así na parroquia de Buxantes. Máis adiante, xirar de novo á dereita dirección lugar de Figueiroa e continuar pola pista que conduce ao Santuario das Neves de Buxantes.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía