PAZO DO COTÓN
Localización
Praza do Cotón s/n
15830 Negreira - A Coruña
Coordenadas: 42º 54' 27.0" N - 8º 44' 18.9" W
Descrición
Fortaleza medieval que sofre importantes reformas, a máis significativa no s. XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio.
Vinculado aos Luaces e Mariño de Lobeira. Destacan a galería de pedra, atravesa a rúa principal da vila, con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros; as robustas torres, que deixan claro o seu pasado militar e doce escudos.
A galería une as dependencias do pazo coa capela de San Mauro, construída no s. XVIII.