FESTA DO CHOCO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Redondela (Santiago)
Redondela - Pontevedra
Coordenadas: 42º 16' 59.7" N - 8º 36' 36.2" W
Descrición
Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos.
A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. Aí pódese degustar o choco preparado polos restaurantes da vila en diversas formas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas.
O concurso gastronómico, no que todo o mundo pode participar é, por excelencia, a estrela principal da festa redondelá. Os premios son en catro modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.
Con motivo desta popular festa, o municipio redondelán ofrece aos visitantes un amplo programa de actividades festivo-culturais onde teñen cabida as bandas de música, deportes e xogos infantís, entre outras.
É tan innegable a importancia do choco para Redondela, que popularmente aos veciños e veciñas da vila se lles coñece como “choqueiros” ou “choqueiras”.
Destacado:
O concurso gastronómico.

Outras características
Gastronómica
Camiños de Santiago
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa