PAZO DE FONTANEIXE
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Boiro
15930 Boiro - A Coruña
Coordenadas: 42º 39' 02.9" N - 8º 52' 58.9" W
Descrición
Construción orixinal do s. XVI, pero fixéronse importantes reformas, a máis significativa en 1979 realizada por arquitectos J. M. Bermúdez e J. M. Brey. Ampliouse a escaleira e o patio. Pazo vinculado á familia Del Río. Ten planta en forma de U. A cuberta é a dous e a tres augas con tellado de tella do país, con varias chemineas. Na fachada destacan os balcóns laterais e o patio, a escaleira de paramento macizo e un escudo heráldico de época barroca. A galería, nun lateral, sobre ménsulas e balcón de ferro forxado. Capela e outras construcións: pombal, hórreos, fonte.
Acceso
No mesmo núcleo.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla