IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE VILOIDE

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Viloíde (San Cristovo)

Lugar: Viloíde

27560  Monterroso - Lugo

Coordenadas: 42º 43' 57.0" N - 7º 48' 38.0" W


Descrición

Igrexa románica do século XII, aínda que o frontis, a ábsida e un dos laterais non pertencen á fábrica orixinal. A ábsida ergueuse en altura ata igualala coa nave. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta é de tella a dúas augas. Agás nun dos laterais, entre os muros e o tellado dispóñense varios canzorros.

Ten ventá seteira con abucinado interior no testeiro e sobre a porta principal alintelada disponse un tímpano liso. Dentro da edificación consérvase un banco de pedra corrido apegado aos muros y un arco triunfal con dobre arquivolta apoiado sobre columnas de fustes monolíticos, bases áticas e capiteis de ornamentación vexetal sinxela. O frontis remata nunha espadana dun só van.


Acceso

En Monterroso coller cara a Taboada. A uns 4 km virar á dereita en dirección ao Bispo, e a uns tres quilómetros  torcer á esquerda para chegar a Viloíde.

Camiños de Santiago

Camiño Francés



IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE VILOIDE

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos