CONVENTO DO CARME
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: Padrón
15900 Padrón - A Coruña
Coordenadas: 42º 44' 19.9" N - 8º 39' 47.9" W
Descrición
Século XVIII (1737-1744)
O edificio construíuse no primeiro terzo do XVIII, grazas á intervención de Alonso de la Peña e Montenegro, bispo de Quito, quen doou corenta mil duros para a súa fundación. Inaugurouse no ano 1752, pertencendo a súa comunidade relixiosa aos carmelitas descalzos, ata que no século XX pasou a pertencer aos dominicos.
Orixinariamente estivo dedicado a san Xosé, cunha figura do santo no altar maior e outra de pedra, do escultor Felipe de Castro. O edificio consta de tres corpos comunicados no medio cun patio cuadrangular. Os claustros daban entrada aos refectorios da comunidade e dos forasteiros. No medio do comedor atópase a cociña, cunha escaleira imitación da de San Martiño Pinario.
Estilos
Estilo arquitectónico: Neoclásico
Orden Relixiosa
Dominicos
Acceso
No mesmo núcleo.
Camiños de Santiago
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla