IGREXA DE SANTA MARÍA DE PONTE SAMPAIO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: A Ponte
36690 Pontevedra - Pontevedra
Coordenadas: 42º 20' 56.0" N - 8º 36' 24.0" W
Descrición
Construída na segunda metade do s. XII, posúe unha nave na que conserva elementos románicos en dúas portas laterais. No interior, ábsida rectangular con dous arcos faixóns de estilo románico tardío. Tendencias góticas na ornamentación dos capiteis (s. XIII).
Acceso
De Pontevedra pola N -550 de Pontevedra a Vigo, a 8km desvío á esquerda cara a Pontesampaio PO-264, continuar 1km 800 m e virar á esquerda cara ao Barrio Adecoita.
Camiños de Santiago
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa