IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE CANEDO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Canedo (San Miguel)
Lugar: Canedo
27336 A Pobra do Brollón - Lugo
Coordenadas: 42º 37' 15.9" N - 7º 24' 50.0" W
Descrición
Construída en época neoclásica. Ten unha nave de planta rectangular, muros caleados e revestidos de cemento e tellado de lousa. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Campanario granítico con dous vans. Ten un retablo maior do s. XVIII e talles dos s. XVI, s. XVII e s. XVIII no interior.
Acceso
Dende a capital municipal, toma a estrada en dirección a O Incio. A cinco km e douscentos m tórcese á esquerda e a dous km e medio está Canedo.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno