IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE CEREIXA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Cereixa (San Pedro)
27334 A Pobra do Brollón - Lugo
Coordenadas: 42º 33' 04.9" N - 7º 25' 20.9" W
Descrición
Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría con esquinas de granito. Cuberta a dúas augas con tellado de lousa. Espadana de dous vans. Ten retablos con esculturas no interior. Cóntase que nesta parroquia naceu María Castaña, membro do partido lucense que organizou as revoltas contra o bispo de Lugo no s. XVI.
Acceso
Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Bóveda. A dous km e medio xírase á esquerda e a tres km está a igrexa.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno