PORTO DE SANTO ADRÁN DE COBRES

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Instal. náutico deportivas.Marítima

Localización

Rúa: Peirao de Santo Adrán de Cobres

36141  Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas: 42º 18' 04.2" N - 8º 39' 13.7" W

Teléfono: +34 986 673 807

mobile: +34 618 826 330 / +34 659 434 657

Fax: +34 986 672 545


Navegación

Cara ao nordeste a ría estreitase en Rande, onde é atravesada pola autoestrada que une Vigo co norte de Galicia grazas a unha espectacular ponte tensada que, a xeito de gran batea, fúndese harmoniosamente coma as que cobren a superficie mariña da súa contorna. Tras o estreito xorde a parroquia de Santo Adrán de Cobres, que descansa fronte á protexida enseada de San Simón declarada Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000. Nesta enseada emerxe a histórica illa de San Simón que, por estar algo afastada da costa, foi habitada nun principio polos templarios, posteriormente albergou un mosteiro e despois un lazareto. De 1936 a 1943 foi utilizada como cárcere para presos políticos e na actualidade é un espazo rehabilitado para usos culturais.
Consérvase neste municipio de Vilaboa un dos Entroidos máis vistosos, cos seus personaxes de Damas e Galáns engalanados con fermosura. Nos seus montes existen excelentes miradoiros sobre as rías de Pontevedra e Vigo desde os que se pode ver a de Arousa. Este é o caso do miradoiro do alto de Cotorredondo (525 m).
Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do S navegaremos á procura da luz do faro das illas Cíes (GpD(2)B 8s 187m 22M) e a do cabo Silleiro (GpD(2+1)B 15s 82m 24M). Cando teñamos esta última por estribor, navegaremos ata pasar entre a baliza do illote Boeiro (GpD(2)R 8s 23m 5M) e o punto cardinal W (GpCt(9)B 15s 5M) dos illotes das Serralleiras. Situados, navegaremos seguindo a enfilación 069º do cabo Estai (ant. IsoB 2s 18m 18M e post. a 660 m da ant. OcB 4 50m 18M) ata estar na oposición da luz de punta Lameda (GpD(2)V 8s 29m 5M) e cabo Vicos (GpD(3)R 9s 94m 10M). Situados, navegaremos ao 040º á procura da luz do baixo Tofiño (GpD(4)V 14s 11m 5M) e a da pedra Borneira (GpD(2)R 7s 13m 7M). Deixando por babor as da boia do Baixo Rodeira “10” (GpD(3)R 9s 5M) e a do baixo Salgueirón (GpD(2+1)R 15s 5M) e por estribor as do porto de Vigo, navegaremos a pasar ao S do baixo Con de Pego (GpD(4)R 11s 9m 5M) á procura das do porto do Con (GpD(4)R 11s 11m 5M) e Moaña (GpD(3)R 9s 9m 5M), xusto entre as que se atopa o porto deportivo Moaña Mar, coas súas luces vermella e verde de entrada a porto.
As instalacións portuarias do Porto de Santo Adrán de Cobres encóntranse na costa N da ría de Vigo. Para arribar a porto entraremos na ría pola canle S, a principal, seguindo o rumbo marcado pola enfilación do cabo Estai, e despois de ter superado a oposición punta Lameda – cabo Vicos poremos rumbo ao 041º que nos marca a enfilación da torre-baliza Borneira (ao S do cabo Balea) coa torre da praia Rodeira e o monte-faro Domaio. Unha vez teñamos a illa de Toralla ao través de estribor, poremos rumbo para deixar a baliza do baixo Tofiño por estribor e, posteriormente, continuaremos a navegar cara ao interior da ría deixando a boia do baixo Rodeira e a do Con de Pego polo costado de babor para ter xa pola proa as instalacións do porto do Con, Moaña e Moaña Mar.

Características

Nº de amarres transeuntes: 20
Máxima eslora recomendada (m): 18
Nº de amarres fixos: 280
Calado dársena (m): 2
Calado bocana (m): 4

Cartas náuticas

SHOM: 7595
I.H.M.: 416,416B,4165
Admiralty: 2548,1757

Servizos das instalacións

Acceso a persoas con mobilidade reducida
Acceso restrinxido a pantaláns
Alugamento de embarcacións
Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de vela
Duchas e WC
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Servicio Marpol
Vixilancia
Xeo
Zona Wifi

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

PORTO DE SANTO ADRÁN DE COBRES

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos