IGREXA DE SAN PEDRO
No Camiño de Santiago
Localización
Rúa: Calzada de San Pedro, s/n
15703 Santiago de Compostela - A Coruña
Coordenadas: 42º 52' 51.9" N - 8º 32' 15.9" W
Descrición
Esta moderna igrexa levantouse sobre unha máis antiga do S. IX, da que non queda nada, chamada San Pedro de Fora, por estar situada fóra das murallas da cidade vella. Dende o ano 1200 beneficiábase do canon que tiñan que pagar os vendedores de cunchas situados nas súas proximidades, de aí o topónimo de barrio dos Concheiros, un pouco máis arriba. No S. XV, a igrexa, en estado ruinoso, pasa a depender do mosteiro de San Martiño Pinario. O actual edificio, moi sinxelo, construíuse a principios do S. XIX, e apenas ten valor artístico, a excepción dos altares neoclásicos do seu interior con imaxinaría atribuída ao taller de José Ferreiro.
Acceso
Na mesma cidade de Santiago de Compostela.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata