MARINA REAL DE A CORUÑA
No Camiño de Santiago
Localización
15001 A Coruña - A Coruña
Coordenadas: 43º 21' 59.9" N - 8º 22' 59.9" W
Teléfono: +34 981 226 880
Fax: +34 981 914 144
Correo electrónico: marina@rcncoruna.com
Sitios: http://www.marinarealcoruna.com
Navegación
As galerías da Mariña ofrecen ao visitante as súas fachadas de cristal, legado dos carpinteiros de Ribeira que traballaron na súa Dársena.
A Torre de Hércules, símbolo da cidade e faro máis antigo do mundo en funcionamento, recibe ao navegante. O seu interior supón un museo que se pode visitar banzo a banzo desde os antiquísimos cimentos ata a terraza. O monumento está acompañado na actualidade polo Aquarium Finisterrae, especializado en ecosistemas mariños da costa galega, e próximo á Domus que, coa Casa das Ciencias, completan a oferta de museos interactivos.
O mar rodea a historia desta cidade feita península pola praia do Orzán. Entre as súas rúas destacan as prazas e xardíns como a de María Pita e o xardín de San Carlos. Como capital do Antigo Reino de Galicia soubo acoller importantes expedicións marítimas: militares como a Armada Invencible ou científicas como a de Alexander Von Humboldt. Tamén sabe recibir a quen dobra o espigón do dique de abrigo e se acolle a augas do Castelo de San Antón, convertido en museo Arqueolóxico. Ou ben enfila o seu importante porto comercial que aínda mantén viva a meirande poxa de pescado fresco na lonxa do Muro.

Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
O faro da Torre de Hércules (GpD(4)B 20s 106 m 23M) serviranos como referencia ao achegarnos desde o W ou desde o N. Próximos á entrada da ría navegaremos á procura de calquera das enfilacións: enfilación 182º (canle do E ou do Seixo Branco) Iso BRV 2s -anteriore OcR 4s –posterior-; enfilación 108º (canle do W ou de Herminia) OcBR 4s –anterior- e DB 4s –posterior-. Seguiremos as enfilacións ata que teñamos á vista a luz do Dique Barrié de la Maza (DV 3s 18m 6M). Unha vez teñamos este ultimo ao través iremos caendo a estribor á busca da luz do Castelo.

O acceso ao porto comercial e pesqueiro da Coruña pódese facer seguindo calquera das dúas canles preestablecidas na boca da ría:
A canle do W ou de Herminia está comprendida entre o arrecife Basuril e a punta Herminia. A do E ou do Seixo Branco estao entre os baixos Xacentes e as puntas de Mera e Seixo Branco.
A primeira das canles queda balizada coas enfilacións luminosas de Punta de Mera (Rv:108,3º); e a segunda coas de punta Fiaiteira (Rv:182º). Superado o arrecife Basuril e os baixos Xacentes xa estaremos dentro da ría e a navegar segundo as enfilacións de Punta Fiaiteira. A unha milla ao S verdadeiro da oposición Torre de Hércules – Punta de Mera xa teremos pola amura de estribor o final balizado do dique Barrié de la Maza, o que dobraremos e xunto ao que navegaremos dando unha distancia duns 100 m. Co final do dique Barrié de la Maza pola aleta de estribor poremos rumbo ao 270º navegando entre o Castelo de San Antón e o peirao do Centenario. Superada a baliza verde da citada fortificación xa teremos á vista, pola amura de estribor, as torres verde e vermella do espigón da Dársena Deportiva.

Características
Anchura bocana (m): 25.00
Calado bocana (m): 4.00
Grúa (tn): 3.00
Calado dársena (m): 4.00
Nº de amarres fixos: 353.00
Nº de amarres transeuntes: 40.00
Máxima eslora recomendada (m): 30.00
Cartas náuticas
SHOM: 6665
I.H.M.: 412A,412,4126,929
Admiralty: 1111,1114
Máis información
Concerto con entidades
Períodos de funcionamento
Estado: Aberto
Servizos das instalacións
Aduana
Auga en amarre
Capitanía
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Pagamento con tarxeta
Peirao de espera
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recollida de lixo
Taxi
Teléfono público
Vixilancia
Xeo
Servizos da poboación
Aloxamento
Alugamento de vehículos
Autobuses
Banco
Bar-Restaurante
Farmacia
Información turística
Lavandería
Oficina de correos
Supermercado
Taxi
Camiños de Santiago
Camiño Inglés