EDIFICIO DO VICERREITORADO
No Camiño de Santiago
Localización
Rúa Dr. Vázquez Cabrera
15403 Ferrol - A Coruña
Coordenadas: 43º 28' 55.7" N - 8º 13' 25.8" W
Descrición
Obra de Francisco José Caridad Yañez e Eduardo Caridad Yañez (1997), de estilo tardomoderno. Ten planta rectangular con dous pisos ademais do espazo baixocuberta. Os servizos dedicados á administración, quedan nun bloque paralelepipédico de idéntico número de alturas. Os primeiros pisos de ambos edificios mantéñense unidos por un corredor acristalado. Marcada horizontalidade. Cuberta de cobre a dúas augas. Nun extremo dos edificios, aparece un corpo cadrado, macizo, de cuberta plana.
Acceso
Núcleo urbano.
Camiños de Santiago
Camiño Inglés