CASA GONZÁLEZ SALGADO
No Camiño de Santiago
Localización
Avenida Montero Ríos 30 y 32
36201 Vigo - Pontevedra
Coordenadas: 42º 14' 25.9" N - 8º 43' 16.9" W
Descrición
Edificio proxectado en 1908 por Jenaro de la Fuente Domínguez. É un edificio ecléctico con catro plantas e faiado tamén simétrico e un ancho corpo central, algo saínte, con catro vans enmarcados en almofadados. O edificio está dividido en tres corpos, con balcóns corridos en todos eles, e unha distribución uniforme dos vans. Ten tamén unha gran cornixa con peitoril ornamentado, e remata cun arco semicircular terminado en palmeta e unha orla onde está gravada a data "1909".
Máis información
Estado: Conservado
Camiños de Santiago
Camiño Portugués da costa