CASA DIEGO ARIAS TABOADA
Localización
Rúa Abeleira Menéndez 8
36202 Vigo - Pontevedra
Coordenadas: 42º 14' 16.0" N - 8º 43' 32.9" W
Descrición
Edificio de características barrocas polos seus valados, cornixa e ménsulas en chanzos sobre as que descansan pequenos balcóns. Ten un escudo de armas de Taboada e Figueroa no centro da fachada. Destacan as súas ménsulas e as súas gárgolas moi saíntes, características ambas dos pazos galegos. Toda a casa está feita con rudos perpiaños e cachotería.
Actualmente alberga a Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego.