IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE DUMBRÍA.

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Dumbría (Santa Baia)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas: 43º 00' 25.9" N - 9º 06' 43.9" W


Descrición

Construída entre os séculos XVII e XVIII, é de estilo barroco. Ten unha nave de planta basilical con capela maior moi ampla que está cuberta con bóveda de canón de cantería de granito, construída baixo a dirección do mestre canteiro Josphe de Bar. Son dúas capelas pegadas as que enriquecen o espazo litúrxico interior, ao que se lle engade un coro alto de madeira situado aos pés da nave. O arco triunfal é de medio punto e non ten decoración. O retablo maior é de estilo barroco. Unha gran fornela acolle a imaxe de santa Baia que porta a palma do martirio. Neste retablo é moi evidente a influencia do arquitecto Simón Rodríguez, sobre todo no emprego de placas, volutas en forma de C, froitas, etc.

Acceso

Localízase na mesma poboación. Dende as oficinas municipais do Concello de Dumbría, saír cara á Serra de Outes pola DP-3404; a uns 300 m está a igrexa, á esquerda da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía



IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE DUMBRÍA.

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos