CORGA DA LOUSEIRA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: San Mamede de Hedrada (San Mamede)
Vilariño de Conso - Ourense
Coordenadas: 42º 08' 41.8" N - 7º 13' 43.6" W
Descrición
O rego da Louseira é un pequeno afluente do río Conso que cae en varios saltos xunto ao encoro de Hedrada. Esta fervenza ten unha altura moi elevada pero é conveniente visitala na época de chuvias abundantes, xa que ten pouco caudal e nas estacións máis secas practicamente desaparece.
Só podemos velo dende as inmediacións do encoro da Hedrada, dende a estrada que une o encoro con Pradoalbar.
Camiños de Santiago
Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021