EDIFICIO DO COLEXIO DE ORFAS
No Camiño de Santiago
Localización
Rúa Cantón San Roque 4
15300 Betanzos - A Coruña
Coordenadas: 43º 16' 46.9" N - 8º 12' 39.9" W
Descrición
Edificio situado no casco histórico da vila de Betanzos, levantado no século XVIII (1780). Construción de dúas alturas. Destaca a fachada de estilo neoclásico, onde sobresaen un balcón de ferro forxado sostido por catro canzorros de pedra e as gárgolas. Aparece coroado polo brasón da cidade, flanqueado por dous pináculos. Tiña o colexio na súa parte traseira un edificio coetáneo, que foi destruído en 1950.
Acceso
No núcleo urbano.
Accesibilidade as inmediacións: autobús.
Accesibilidade ao recurso: coche, peatonal.
Accesibilidade as inmediacións: autobús.
Accesibilidade ao recurso: coche, peatonal.
Camiños de Santiago
Camiño Inglés