IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE ADÁ
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Adá (Santa Baia)
Lugar: Adá
27511 Chantada - Lugo
Coordenadas: 42º 39' 52.9" N - 7º 50' 58.9" W
Descrición
Edificio de orixe románica, reedificado no século XVI. De planta rectangular, cun presbiterio cadrado ao que se apega no lado dereito unha sancristía de tendencia cadrada. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Conserva dous modillóns que puideron ser aproveitados da construción románica. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de medio punto que, ao igual que a distribución da planta xeral, poderían pertencer á primitiva obra románica. A nave dispón de dúas portadas de acceso, ambas as dúas alinteladas, unha lateral e outra na fronte. Esta remátase cunha espadana de dous vans. Conserva retablos de estilo barroco e neoclásico.
Acceso
Saír de Chantada pola estrada LU-213. A 10 km aproximadamente coller o desvío á dereita pola LU-P- 6001.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno