FERVENZA DO POMBAR

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Fervenzas

Localización

Parroquia: Outeiro (Santa María)

  Quiroga - Lugo

Coordenadas: 42º 32' 05.8" N - 7º 08' 38.5" W


Descrición

Partindo de Quiroga collemos a estrada LU-P-5001 cara ao lugar da Cruz de Outeiro. Pouco antes de chegar veremos, na marxe esquerda da estrada, unha frecha de madeira que sinala o comezo da pista pola que deberemos descender 920 m para chegar á fervenza do Pombar .

Na primeira parte da baixada camiñaremos entre soutos, por unha pista ancha, pero pouco a pouco converterase nun sendeiro estreito e pedregoso, complicando moito o descenso.

IMPORTANTE: Haberá momentos nos que teremos que axudarnos das mans para baixar de forma segura á ida e trepar á volta. Trátase polo tanto dun lugar cuxo acceso presenta certa dificultade.


Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

FERVENZA DO POMBAR

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos
Data de recollida inicial: 01/06/2021