FERVENZA DE PACIOS DE VEIGA

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Fervenzas

Localización

Parroquia: A Ferreirúa (San Martiño)

  A Pobra do Brollón - Lugo

Coordenadas: 42º 37' 37.3" N - 7º 23' 16.5" W


Descrición

A fervenza de Pacios de Veiga atópase no río Cabe e localízase no concello da Pobra do Brollón. Para chegar a ela debemos seguir a estrada que vai dende A Pobra de Brollón ata A Cruz do Incio. Despois de pasar Pacios de Veiga e antes de chegar a Biduedo, no lado dereito da estrada, o estrondo da auga xa nos alerta da súa presenza entre a espesa vexetación.

Ten uns 8 metros de altura e sitúase nun lugar bastante inaccesible, xa que para achegarnos a ela non hai camiño nin sendeiro e debemos baixar por unha pendente moi pronunciada, que se complica aínda máis coa existencia na parte inferior dunha especie de terrazas. Presenta falta de sinalización e alta dificultade


Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

FERVENZA DE PACIOS DE VEIGA

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos
Data de recollida inicial: 01/06/2021