DO PARQUE DOS MENHIRES Á TORRE DE HÉRCULES
No Camiño de Santiago
Localización
A Coruña - A Coruña
Coordenadas: 43º 23' 01.8" N - 8º 23' 40.2" W
O Paseo
Do parque dos Menhires á Torre De Hércules
Na procura de heroes lendarios
Percorrido que nos vai levar por parte do litoral da cidade da Coruña coa vista permanente do Golfo Ártabro e do símbolo da cidade, a Torre de Hércules, faro de orixe romana que segue en funcionamento dende hai case dous mil anos e Patrimonio da Humanidade dende 2009. Descubriremos diversas esculturas que nos falarán de mitos e heroes vencellados con estas terras, como o propio semideus grego Hércules, ou mesmo Breogán. Son moitos os camiños e sendeiros que atravesan os distintos espazos verdes dos parques dos Menhires, de punta Herminia e da Torre, polo que é mellor deixarse levar e así ir descubrindo os diferentes recunchos da ruta.
Características
4,1 km (circular)
Paseo dos Menhires (43°23'04.57''N / 8°23'38.36''O)
Paseo dos Menhires (43°23'04.57''N / 8°23'38.36''O)
Paseo Circular
Tipo
Paseos urbanos
Camiños de Santiago
Camiño Inglés
Data de recollida inicial: 01/01/2021