CASA DA FAMILIA LEIS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Dumbría (Santa Baia)
Lugar: Estimán
15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 43º 00' 30.9" N - 9º 06' 49.6" W
Descrición
Construción orixinal do s.XX. A casa sufriu diversas ampliacións, aínda que se pode apreciar a construción orixinal sen moitas dificultades. Ten planta cadrada desenvolvida en tres andares con cuberta a dúas augas de tella do país. Con posterioridade engadiuse outro volume de dúas alturas. A cuberta tamén se traza a dúas augas, aínda que se cobre con pranchas de fibrocemento.
Este volume construíuse adiantándose a fachada da vivenda orixinal, polo que, para manter a aliñación edificouse un corpo de formigón asoportalado con arcos de medio punto rebaixados e con dez fiestras na planta superior.

Acceso
Dende as oficinas municipais do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 dirección Serra de Outes. A 140m do edificio municipal atópase a Casa da Familia Leis á man esquerda da estrada.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía