CRUCEIRO DE CAMPO DE PAZOS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Campo de Pazos
Rianxo - A Coruña
Coordenadas: 42º 40' 26.7" N - 8º 49' 29.1" W
Descrición
Na Praza de Campo de Pazos, cruceiro de plataforma e pedestal cuadrangulares, fuste tamén cuadrangular, con chafráns, capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices en chafrán, volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. Carece de Crucifixo e Cristo, unicamente ten imaxe da Piedade sobre o capitel.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla