PAZO DE FOLLÉS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Pantón (San Martiño)
Lugar: Follés
27438 Pantón - Lugo
Coordenadas: 42º 31' 02.9" N - 7º 36' 51.9" W
Descrición
Construción composta de dous corpos, o principal de planta rectangular e o anexo cuadrangular. Muros graníticos e tellado de tella, onde sobresaen varias chemineas e adornos piramidais.
Acceso
Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Monforte. Nos arredores da vila cóllese o desvío que hai a man esquerda. A un km está o pazo.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno