PONTE VELLA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Catoira (San Miguel)
Lugar: A Ponte
36612 Catoira - Pontevedra
Coordenadas: 42º 40' 02.6" N - 8º 42' 58.7" W
Descrición
Construción medieval realizada en cantería de tradición romana. A datación é difícil de definir, entre os séculos XII e XIII. Está composta de dous arcos de medio punto montados sobre rocha natural, un maior có outro, o que fai supoñer que falta un terceiro arco.
A ponte formaría parte do camiño medieval costeiro (Camiño Real) que comunicaba as vilas de Arousa con Cesures, pasando por Bamio e Catoira. Por este mesmo camiño chegábase ás Torres de Oeste, defensa do Ulla e lugar de cobro dun portádego. O estado de conservación da ponte é aceptable, mesmo se a súa contorna está degradada xa que se construíu ao seu lado unha ponte de formigón para a estrada C-550, que case oculta a infraestrutura medieval desde un dos lados. O carácter pluri-funcional das obras públicas antigas e medievais defínese nesta ponte con dúas aberturas de gran tamaño que servían para a canalización da auga do Río Catoira con destino a un muíño próximo.
Máis información
Estado: Conservado
Acceso
A ponte atópase detrás da Casa do Concello, no centro urbano, e está integrada xunto co muíño na área recreativa de Fonte Gaiteira.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla