CASTIÑEIRO DE CERDEDELO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Cerdedelo (Santa María)
Laza - Ourense
Coordenadas: 42º 04' 54.1" N - 7º 23' 49.4" W
Descrición
Este é un dos castiñeiros de maiores dimensións de Galicia e está incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. A súa carocha é centenaria e ten dez metros de perímetro. Dela nacen dez fustes que chegan a acadar os 30 metros de alto debido á competencia pola luz con outras árbores.
Camiños de Santiago
Vía da Prata